domingo 21 de junio de 2009

CONTOS Nº 10 E 11: "PODRE DE DIÑEIRO", DE A. MUNRO, E "UN CONTO DE ÉXITO", DE R. BANKS

O dito. Acabamos e non acabamos. O conto de nunca acabar... ¿Queremos seguir? ¿Non queremos?
Mentres o pensamos , aquí presentamos dous tentacións dificilmente rexeitables por quen guste da lectura: un conto da canadiana Alice Munro, conto que a un, no seu día, deixou con ganas de volver sobre el, pola atracción que exerce, e pola dificultade de asilo... Munro é unha veterana escritora de relatos dunha certa extensión, que non chegan a convertirse en novelas, se ben non é amiga de contos breves de seis ou sete páxinas. Gústanlle, ao que parece, as distancias medias. Ten ademais unha gran facilidade para crear personaxes femininos, polo regular metidos en situacións nas que se ven obrigados a tomar decisións non precisamente fáciles, que implican rupturas co seu ambiente familiar, ou de parella, decisións que desde fóra parecerían faltas de sensatez, ou de dubidosa moralidade, pero que elas levan adiante a pesar dos seus remordimentos cunha forza que un non pode deixar de admirar... O conto aquí proposto foi publicado en castelán no libro de relatos El amor de una mujer generosa, na editorial Siglo XXI (temos xa varios libros desta autora editados en España).
O outro conto é de Russell Banks, "Un conto de éxito", incluído no libro de relatos deste autor titulado El ángel en el tejado, ed. Losada. Se premes aquí terás a posibilidade de ler a información da Wiki sobre el, pero traducida do inglés xa sabes como, polo que cada vez que vexas "Los bancos" debes ler (Russell) Banks: en fin... A historia é contada polo propio mozo que a vive, dun xeito moi áxil, natural e humorístico, a pesar dos pesares, e con ese final... Se che gustou o conto de Tobias Wolff, que foi un dos que máis éxito tiveron neste club -ás veces pensamos que este club non foi máis que unha lenta presentación de Tobias Wolff ante os membros do mesmo-, gustarache tamén este outro que, sendo diferente, parece ter un aire co do coche descapotable. Talvez a oportunidade que en ambos a xente da túa idade ten de contar a súa propia historia (e xa sabemos que o narrador de "Dous mozos e unha moza" en teoría non é Gilbert..., pero o parece). Ou talvez non, e é outra razón. Ou non hai parecido e un xa necesita urxentemente a xubilación...
Non deixes de escribir os teus comentarios sobre estes relatos, por favor, sexa agora ou cando sexa: Xullo, Agosto, Septembro... Ata pronto.

sábado 20 de junio de 2009

Reunión VII (19.6.09): a cadela, a man, o blog e o verán

Derradeira reunión deste club... Todo ten o seu fin (a non ser que pretendamos continuar virtualmente, na rede, cousa que en principio un ten a intención de propoñer, a ver...): reunímonos soamente tres, pois a fin de curso é difícil conseguir xuntar a todos, desgraciadamente.
Falamos primeiro do conto da cadela, "Tapka", do canadianoletón Bezmozgis, que todos tíñamos lido. Chamounos a atención a importancia que o dicir palabrotas ten para el e para ela, e a situación un tanto chocante na que eles dous utilizan esas palabrotas e insultos para chamar ou dar ordes á cadeliña. Orixe, por certo, da discusión entre eles que levará ao accidente. E tamén chamou a nosa atención o final, con ese extraño xiro das últimas liñas, nas que parece que o fondo do conto queda iluminado, mais non dese xeito dos relatos clásicos nos que o enigma era finalmente desvelado na derradeira páxina, para gozo do lector, senón dese outro xeito menos claro e máis ambiguo dos contos que neste club xa estamos acostumados a beber. Como se ao lector o narrador lle presentara unha oferta que non poidera rexeitar: cambiar a perspectiva, ver o mesmo como se xa non fora o mesmo, porque non é o mesmo, sendo o mesmo... ¿Importa se a cadela sobrevive ou non? ¿E que acaso iso é o que se está a tratar no relato? Viva ou morra..., ¿cambia algo no interior do rapaz, na súa relación coa cadela e o matrimonio que vive ou vivía con ela...? ¿Podemos separar todo isto da cultura xudea na que vive e se empapa este rapaz, ou este escritor? ¿Por que ese neno, xa crecidiño, vese a si mesmo escribindo esta historia da cadela, que xa forma parte de ti, agora?Entramos despois no outro relato, "A man", de Jamaica Kincaid. Estivemos lendo dous fragmentos das dúas últimas partes deste... ¿"conto"? Ben, parece que en realidade non é propiamente un conto, se ben pode ser lido como tal. "A man" é o capítulo II da novela Annie John, de Kincaid, publicada en España por Alfaguara. ¿Por que entonces Richard Ford na súa antoloxía presenta este texto como conto? Misterio. Talvez no seu tempo así foi publicado, na revista "New Yorker" ou outra semellante, e de aí a decisión de Ford. Ou talvez foi o propio Ford que, pola súa conta, tomara tal decisión -pouco probable, pois a autora tería algo que dicir ao respecto...-. Quen sabe... Deixémolo estar, e que cada quen pense o que queira... Sexa como sexa, o texto ten a súa propia forza e calidade, e merece a pena lelo como conto, ou como invitación á lectura da novela completa... Ánimo. (En calquera caso, non deixes de dicir neste blog cal é a túa visión deste relato-capítulo en canto teñas algo de tempo... e ganas).
Antes de despedirnos foron repartidos dous contos a maiores, un da canadiana Alice Munro, cada vez máis admirada no noso país -e non só no noso país-, e outro, cun gran sentido do humor, por certo, e cun modo de ser narrado que recorda ás veces á novela de Salinger O vixía no centeo, de Russell Banks. Ambos moi recomendables. A idea é lelos con calma, e logo que cada quen entre neste blog cando lle pete e escriba nas entradas que iremos incluíndo os próximos días os comentarios que estime oportunos, sexa en Xullo, sexa en Agosto ou Septembro. Ou talvez nunca... Depende de nós. Ánimo, outra vez...

miércoles 17 de junio de 2009

CONTOS Nº 8 e 9: "A MAN", DE J. KINCAID, E "TAPKA", DE D. BEZMOZGIS

O venres próximo, ás once, no sitio de sempre, terá lugar a nosa derradeira reunión deste club, pois o curso remata xa... Temos agora con nós a unha escritora non nacida nos EE UU, pero considerada unha autora estadounidense, Jamaica Kincaid, e a unha das novas promesas canadianas, o escritor e cineasta Davis Bezmozgis, de orixe xudeoletón.
Jamaica Kincaid naceu en 1949 na illa de Antigua (colonia británica), no mar Caribe, e chega aos EE UU aos dezaséis anos, podendo ser considerada unha autora estadounidense de adopción (Richard Ford a inclúe na súa antoloxía de autores norteamericanos). En España ten varias obras publicadas en castelán.
Pola súa parte, de David Bezmozgis (nacido en 1973, en Riga, Letonia, cando era parte da URSS) non temos demasiada información na rede, polo menos en galego ou castelán, pero podemos recurir a páxinas en inglés traducidas por ese método, non sabemos se automático ou simplemente criminal. Temos por exemplo a Wiki, se queres...
Ben, pero trátase de ler os contos, ¿non? Veremonos o venres entón...

martes 16 de junio de 2009

O relato inclasificable, o terror do bibliotecario

Crumb, cómic e relato; Tomine, cómic e relato; Dylan, música e relato; Tupac Shakur, rap e relato; ídem cos Jedi Mind Tricks... Pero é que Gorey é para darllle de comer a parte: ¿é autor de cómics?, ¿o dedícase máis ben á literatura?, ¿ou será ilustrador?, ¿ou é autor para nenos?, ¿é un paxaro?, ¿é un avión...? Non: é... o que máis medo da: o que se sae de toda clasificación; o xenio maligno escapado dos libracos de Descartes e que utiliza toda a súa industria para romperlle a cabeza ao bibliotecario coa "one track mind" de turno (é dicir, ao común dos mortais).
Ultimamente as obras de Gorey están sendo recollidas pola editorial Valdemar, dentro dunha colección de literatura, pero igualmente poderían ser publicadas por Kalandraka nas súas coleccións de libros ilustrados para nenos de idade indefinida, ou por editoriais de cómics semidescoñecidas para quen non estea no allo (Ponent, Astiberri, Sins Entido,...).
Tamén é certo que unha vez dentro das páxinas goreyanas notarás un certo aire recoñecible... ¿Cal? Ben, as películas de Tim Burton, gran admirador do artista que tratamos agora aquí. A influencia de Gorey na estética burtoniana é recoñecida polo mesmo TB, e ata é visible nos debuxos e espíritu da súa coñecida obra do neno Ostra publicada en España por Anagrama...
Tempo atrás publicamos nese blog pantasma da biblioteca do noso IES (Biblioafonso, o blog para alumnos do insti que non len os alunmos do noso insti -¿quen o le, entonces, mh?-) unha reseña sobre o libro La invención de Hugo Cabret, que pasou sen pena nin gloria a tenor do número de préstamos contabilizados desa obra, reseña na que falabamos da cuasimoda que hoxe vivimos de libros híbridos entre literatura, cómic e ilustración, igual que hai outra parecida que mestura literatura e ensaio (Sebald, Cercas, Trapiello, Pisón, ...). Pois ben, tal moda non é separable da pegada de Gorey, do precedente de Gorey, da forma de narrar ou contar de Gorey: do relato norteamericano inclasificable de Gorey...
Por certo, é posible que teñas na túa casa algún libro que mirabas de neno, na vella colección de Alfaguara Infantil, debuxado ou ilustrado por este... terror do bibliotecario...

lunes 15 de junio de 2009

Jedi Mind Tricks: "A Vietnam Story"

(Gracias, Íñigo, por esta entrada e a anterior)
Á entrada anterior sobre o rapeiro Tupac Shakur, e insistindo no mesmo, na posibilidade da presencia do relato norteamericano nas letras de rap, incluímo aquí an letra e vídeo de "Uncommon Valor (A Vietnam Story)", do grupo Jedi Mind Tricks. Tivemos dificultades para atopar traduccións das lñetras orixinais, de modo que se alguén se ve con forzas para traducila, que deixe a súa ttraducción nesta entrada en forma de comentario, por favor, ou que diga cal é o enklace adecuado para chegar a ela. Gracias:

domingo 14 de junio de 2009

Tupac Shakur: "Brenda ten un bebé"

O outron día falabamosb da posibilidade da presencia, solapada ou non, do relato en certas letras de cancións norteamericanos, e poñíamos como posibles exemplos un par de títulos ben coñecidos do inefable Dylan... Imos hoxe co rap, e tiramos das letras do rapeiro non precisamente popuco coñecido Tupac Shakur. Remitímoste a este enlace se queres ver máis letras das súas obras, en inglés ou castelán, pero aquí e a modo de exemplo ofrecemos a versión en castelán de "Brenda´s got a baby", debida a un tal Wayuka, polo que os erros de traducción (e os acertos), así como as faltas de ortografía, hai que apuntalas á súa conta. Aí vai:
Escuché que Brenda tiene un bebé/bueno, Brenda es poco inteligente/es una maldita pena/pues la niña escasamente puede pronunciar su nombre.../(Otro rapero)-Ése no es nuestro problema, es problema de la familia de Brenda.../(2pac)Pues déjame mostrarte como esto afecta a toda nuestra comunidad:/resulta que Brenda nunca conoció a su madre/y su padre era un reciclador al cual se entregó en brazos/es triste/porque apuesto que Brenda ni siquiera sabe/que sólo porque estés en el ghetto,/no quiere decir que no puedas crecer.../Pero ése es mi pensar, es mi propio Apocalipsis/hacer lo que sea necesario para resistir la tentación.../Luego Brenda tuvo un novio/y el novio era su primo, así que veamos como termina todo:/ella trataba de ocultar el embarazo a su familia/a quienes en realidad no les importaba/ni les daba nada, así ella fuera a tener una manada de hijos.../Y cuando llegaba el cheque ya tenían en qué gastarlo./Ahora el vientre de Brenda está creciendo./Pero nadie parece notar ningún cambio en su figura/tiene doce años y va a tener un bebé/enamorada de un irrespetuoso a quien sólo le interesa/el sexo y está loco/y aunque ella piensa que él estará con ella por siempre/y sueña con un mundo donde estén ellos dos juntos/sin embargo/él la dejó y ella tuvo su bebé sola,/lo tuvo en el piso de un baño y sin saberlo/no supo qué botar ni qué conservar.../Envolvió al bebé y lo arrojó al cesto de la basura./Creo que ella pensó que podría escapar.../Que no escucharía su llanto/y ni siquiera notó que el bebé tenía sus mismos ojos.../Ahora el bebé está en la basura, sufriendo.../Su mami no puede ayudarlo, pero duele oírlo quejarse,/Brenda quiere huir/y su mami dice que le está haciendo perder dinero/y los trabajadores sociales van todos los días,/ahora Brenda debe buscar su propio camino/no puede ir donde su familia, no la dejarán quedarse/sin dinero no hay niñera y no podrá conseguir empleo./Así que trató de vender droga, pero terminó siendo estafada,/¿y ahora qué? Ya no hay nada más que vender./Así que ella ve en el sexo, la forma para escapar de ese infierno.../Y así logra pagar la renta, o sea que no se puede quejar./Una prostituta fue hallada asesinada, y se llamaba Brenda./Ella tiene un bebé..../Coro:¿Sabias que ella tiene un bebé?...


sábado 13 de junio de 2009

¿José ou Tobias?, ¿novela ou conto?

"(...) A Malmcolm Lowry le impresionó bastante la lectura de algunos ensayos de Ortega y Gasset; impresión (...) que gira en torno a la idea de Ortega sobre el hombre concebido como novelista de sí mismo, autor de su propia vida, idea que parecía darle a él, Malcolm Lowry, cierto soporte filosófico, que parecía constituir una cierta racionalización de su propia experiencia de escritor, continuamente abocado a realizar en su propia vida los engendros de su ficción y a ficcionalizar en sus libros los engendros de su propia realidad."
(Jorge Semprún, "Prólogo" a El volcán, el mezcal, los comisarios... (Dos cartas), de Malmcolm Lowry, en Tusquets Eds., 1980)

"Tendo a recordar as cousas do pasado de forma narrativa, en forma de conto ["story"], e crecín rodeado de xente que contaba contos todo o tempo. Deste xeito transmitían eles o que les sucedera. Todos nós tendemos a facelo así, chegar a casa ao final do día e contar o conto sobre o que nos sucedeu. (...) A maioría de nós non vivimos as vidas que se prestan á expresión novelística, debido a que as nosas vidas están fragmentadas así. No lugar do largo arco da experiencia, esa continua unión que está implícita nunha novela, existen estes momentos."
(Tobias Woff, na entrevista "The Salon Interview. Tobias Wolff", páxina 2)

En realidade aínda deberíamos engadir algo a estes dous textos, por clarificar algo máis a cousa: a vida como novela de Ortega mira cara adiante, ao futuro: o home que escollendo faise a si mesmo día a día, capítulo a capítulo, sabendo que a última páxina existe, e quedará sen completar... En cambio, a vida como contos-fragmentos-recordos de Wolff mira cara ao pasado, á sensación que chega de novo en forma de recordo, de fragmento recuperado...